SENDAS DO LÉREZ
Do lugar que vos vou falar hoxe,non haberá que ter un gran traslado como para ir aos lugares anteriores, dado que está a moi pouca distancia do instituto, de feito pódese ir a andar perfectamente.
Como de costume, e aproveitando os lugares bonitos próximos a Pontevedra, decidimos ir facer unha sesión de fotos; non se nos podía escapar.
É un paseo moi bonito, rodeado de pura natureza, pero houbo un lugar que nos chamou moito a antención, e foi unha ponte verde, ahí no medio, solitaria, tan bonita.
A continuación déixovos unhas poucas fotos, todas tomadas na ponte,xa que como dixen anteriormente, foi o lugar que máis nos resaltou á hora de decidir onde quitar as fotos.
Ademais, para aclarar o por que nos gustou tanto este lugar, foi porque é un lugar que non ten moita luz, e era un día de calor, polo que o contraste entre a roupa de verán e o ambiente escuro fai que as fotos queden especialmente ben, xa que con este contraste a cara queda difuminada case na súa totalidade.
En resumo, é un lugar moi recomendable para ir pasar o día, rodeados de natureza, e cunha tranquilidade particular, xa que non é unha zona demasiado transitada, agás os que alí se atopan facendo deporte. É o lugar idóneo tanto para ir só a refelxionar como para ir cos amigos a modo de relax,ou facendo deporte, xa que é unha senda que vai dende o Lérez ata Bora,con aproximadamente uns 12 kilómetros.
Como sempre espero que vos gustase esta entrada, e próximamente seguirei subindo máis entradas con máis lugares que me gustasen, ou que me resultasen curiosos.
Se quixésedes, poderiades suxerir máis sitios para ir a visitar a quitar fotos, para que próximamente sexan parte do blog.
Ata outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario