miércoles, 25 de enero de 2017

Playa Area de Bon

         PLAYA AREA DE BON


Hai unhas semanas, a miña compañeira Lorena e mais eu tomámonos a liberdade de ir á praia Area de Bon, exactamente en Bon de Abaixo, Beluso (Bueu). Esta praia é un lugar moi especial para min, dado que toda a vida estiven nesa zona, agás algún que outro fin de semana.
É realmente barato ir alá, xa que un autobús dende Pontevedra a Bueu custa 2,40€, e outro dende Bueu a Bon de Abaixo 1,40€. Certamente en total 3,80€ por visitar un lugar tan bonito coma este, paréceme pouco.

É unha praia moi particular, con moitísimo encanto, case coma se fose un lugar agochado de todo o mundo, onde non hai ruídos e podes pensar con tranquilidade. Por iso eu chámolle o meu lugar de reflexión.
O único inconveniente é que o auga está moi fría, pero a parte disto considéroo un lugar precioso.
Ten un lugar de merendero, e, ao extremo dereito hai unhas escaleiras que dan cara outra praia pequeniña, e ao extremo dereito desta pequena praia hai outras escaleiras que van ao lugar das rochas, onde podes sentar máis preto do mar ou onde podes ir pescar.

Neste enlace, podedes ver unha vista completa da praia, xa que non puidemos recoller fotos suficientes:

A continuación déixovos unhas cuantas fotos que quitamos durante a nosa visita:
Por exemplo, estas fotos foron tomadas na praia principal, na máis grande.




Aquí atopábamonos na parte das rochas, coas preciosas vistas, aínda que aquí non se aprecie xa que o día non estivo moi "católico", pois despois comezou a chover, unha verdadeira pena...





Despois destas fotos, podedes unhas fotos da praia principal:

Resultado de imagen de playa area de bon
Resultado de imagen de playa area de bonResultado de imagen de playa area de bon

1 comentario: